Sunday 12 de May de 2024

Ana María Abuín, do Club Atlética A Silva-Ordes, novo récord de España en lanzamento de martelo


 

Pontevedra foi sede recentemente do X Torneo de Péntatlon de Lanzamentos, onde o Club Atlética A Silva-Ordes fixo unha sonada actuación. Ana María Abuín sobresaíu entre todo o conxunto de atletas tras bater o récord de España máster F60 en martelo pesado cun lanzamento de 11,02 metros. Abuín, xunto con Xosé Fraga Caamaño e María Xosé Fraga Graña, obtiveron a medalla de ouro; mentres que María Ánxeles Rodríguez do Río acadou a prata.